A Sociedade Ximnástica estará presente nas diversas concentracións atléticas de Nadal
Como cada período de vacacións escolares do Nadal, a Federación de atletismo organiza unha serie de concentracións atléticas, sobre todo para os máis novos, para tomar un pulso de como pode ser o futuro do atletismo nacional e galego.
Estes días en varios puntos da xeografía nacional celébranse concentracións do Plan Nacional de Tecnificación Deportiva que convoca o Consello Superior de Deportes, con máis de 200 deportistas menores de toda España, aínda que non estarán presentes, nesta ocasión, atletas da Sociedade Ximnástica, o adestrador da cidade do Lérez, Santi Ferrer, estará ao mando de á cal se celebra en León, dedicada ás especialidades de Vallas, Lanzamentos, Mediofondo, Fondo e Obstáculos.
Co novo ano, en Lugo, a Federación Galega celebrará outra concentración para as especialidades de velocidade e Probas Combinadas; aquí contaremos coa presenza de atletas da veterana Sociedade, Alfonso Pérez, Ángel Vargas, Santi Ferrer Alonso, Sandra Carballo, Alex Solla e Darío Costas; estarán aos pés da muralla romana, xunto co adestrador da Ximnástica, Julio Ventín, que dirixirá a especialidade de probas combinadas e tamén de Santi Ferrer Moreira.
O venres a Ximnástica celebra Asemblea de socios
O próximo venres, a partir das sete e media da tarde e na Sala de Prensa, do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra, celébrase a Asemblea Xeral de socios da Sociedade Ximnástica de Pontevedra.
Efectuarase balance do acontecido durante 2014, tanto dos resultados deportivos, como do apartado económico e tamén os socios poderán expoñer as súas propostas de mellora para 2015.
A XXXI San Silvestre Pontevedresa volverá reunir máis corredores que nunca
Dende a edición de 2008, cando cada ano, preto dun millar de entusiastas deportistas, se congregaban para despedir o ano correndo, o número de corredores da San Silvestre non hai parada de crecer de forma abafadora, con 1.600 en 2010 ou 2.500 en 2012.
Os 2.939 da XXX San Silvestre, volverá quedar pequeno cos 4.000 que ameazan con correr ás cinco da tarde por Pontevedra, dende a Avenida de Monteiro Ríos.
Cando aínda faltan dous días para o peche de inscrición, que é o venres ás 22:00 horas, na páxina web da Sociedade Ximnástica www.sgpontevedra.com, o número de corredores anotados xa roza os da edición pasada, con 2.850 e iso que hai un ano no último día se apuntou 600.
Este dato referenda o gran labor da organización, o Instituto Municipal de Deportes e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, que cada ano se envorca para que a San Silvestre volva reunir os amantes do deporte e acompañantes, para despedir o ano correndo.
E nesta edición, ademais de designar os mellores disfrazados, haberá unha sesión de Zumba antes da carreira.











