A Sociedade Ximnástica cumpriu no Nacional de Maratón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

San Sebastián converteuse na festa do atletismo nacional, coa celebración do seu Maratón, que foi tamén Campionato de España da distancia.

Era moi complicado a priori conseguir unha medalla para os atletas da Sociedade Ximnástica pero conseguiron en meta unha brillante clasificación.

Robertas Geralavicius, non podía optar a medalla, por ter a nacionalidade de Lituania, pero na súa segunda aventura no Maratón, volveu mellorar a súa marca persoal con 2h20:32, sendo o quinto clasificado a tan só 22 segundos do terceiro posto, unha pena porque Rober fixo unha carreira de menos a máis, desde o principio foi ao seu ritmo deixando que se marchase o grupete de cabeza, pero desde o Medio Maratón foi progresando na clasificación e cando tiña ao alcance un posto de podio, xa estaba en meta. Aínda así fantástica marca a de Rober, que ademais é record da Sociedade Ximnástica.

Rubén Diz tamén fixo unha fantástica actuación conseguindo o duodécimo posto con 2h28:35, quedando quinto clasificado na súa categoría veterana de maiores de 35 anos; fixo unha carreira moi intelixente pero ao final pasoulle factura o temido muro dos 35 quilómetros, cando lle empezaron a fallar as forzas, aínda así non foi o único que se viu obrigado a baixar o ritmo de carreira e practicamente non perdeu posicións nos quilómetros finais. Unha pena cando o ano pasado correra en 6 minutos menos, esta carreira, o que lle deu unha medalla, pero tamén a sorte inflúe nunha distancia tan dura como o Maratón.

1 de decembro de 2014 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.