A Policia Local de Ferrol realizou unha campaña de seguridade viaria centrada no control dos estacionamentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Xefatura de Policía Local de Ferrol informou hoxe sobre os resultados da cuarta campaña de seguridade viaria, centrada no control da indisciplina nos estacionamentos e que se desenvolveu ao longo da pasada semana. Este dispositivo especial centrouse nas zonas de estacionamento destinadas a persoas con mobilidade reducida.

Durante os sete días, se realizaron un total de 405 comprobacións das prazas sinaladas para dito uso exclusivo, o que supón unha media de 58 controis por día. Nestas comprobacións efectuadas polos axentes policiais se detectaron 136 prazas libres, é dicir un 33,5% estaban dispoñibles para o seu uso. En canto ás que estaban ocupadas, un total de 250 vehículos presentaban a tarxeta identificativa que habilita o uso da praza de estacionamento reservada, polo que un 61,7% cumprían coa normativa vixente. Mentres que 19 vehículos non presentaban a autorización correspondente, resultando ser un 4,2% os infractores.

Cabe destacar que os axentes municipais tramitaron unha denuncia a un condutor e procederon a retirada da tarxeta identificativa para o aparcamento en prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida posto que estaba a ser utilizada de maneira fraudulenta tralo falecemento do titular da mesma. Así mesmo, tamén se abriron outros dous expedientes sancionadores por utiliza a tarxeta para estacionar en áreas reservadas non sendo titular da mesma nin transportando ao titular no vehículo. Segundo a Policía Local de Ferrol, as conclusións desta campaña son positivas debido ao baixo nivel de infraccións detectadas.

3 de decembro de 2014 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.