A persoa que se entregou polo crime de Ponteareas é un paraguaio compañeiro da vítima
O home que se entregou no cuartel da Garda Civil de Ponteareas (Pontevedra) pola morte dunha persoa é un cidadán paraguaio que residía no piso onde foron achados os restos humanos nun arcón conxelador.
Segundo confirmaron fontes próximas á investigación, o detido é José Antonio F.A., un cidadán paraguaio que era inquilino do piso onde se achou á vítima.
Este individuo, que era sospeito por ser inquilino da vivenda onde se acharon os restos humanos, ademais, estaba implicado nunha causa de fraude contra a facenda pública.
O home presentouse na tarde do martes no cuartel de Ponteareas manifestando ser o presunto autor da morte da persoa cuxos restos foron atopados o pasado mes de xuño nun arcón.
Estaba previsto que a partir das 10,30 horas deste mércores o individuo pasase a disposición do Xulgado de Instrución Número 3 de Ponteareas.
Un equipo especial de Criminoloxía desprazouse o pasado mes de xuño á vivenda na que foron achados os restos humanos nun arcón conxelador nun piso do número 7 da Avenida Castelao en Ponteareas.











