A Oficina Municipal de Atención ao Consumidor de Ourense dá recomendacións sobre a resintonización da TDT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Oficina Muncipal de Atención ao Consumidor (OMIC) da unha serie de recomendacións aos usuarios e usuarias para a resintonización de canles na televisión dixital, xa que a adaptación das antenas pode resultar gravosa para os usuarios e usuarias, sobre todo nas comunidades de veciños e veciñas de grandes edificios

A OMIC recomenda seguir unha serie e pasos. En primeiro lugar, se dubidamos sobre que tipo de modificación temos que realizar, recoméndase solicitar unha verificación da instalación á Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións de Ourense (teléfono 988 391 011 sita na rúa Sto. Domingo 64 entrechán 1, local 14). Esta visita é gratuíta e os técnicos ou técnicas do Ministerio asesorarán sobre as modificacións a realizar, ou se as que se acometeron foron as correctas.

Posteriormente o antenista asesorará á comunidade sobre o tipo de antena necesario, ofrecendo un orzamento detallado. O prezo das instalacións non está regulado, polo tanto depende do mercado e do tipo de antena comunitaria, polo que se recomenda solicitar varios orzamentos para comprobar cal é o máis axeitado e a mellor relación prezo – servizo.

Soamente poden solicitar subvencións as comunidades de propietarios e propietarias, pero están obrigadas a someterse ás actuacións de verificación dos técnicos ou técnicas, que comprobarán se as adaptacións foron realizadas por empresas instaladoras de telecomunicacións inscritas no rexistro de empresas instaladoras. Todas as comunidades interesadas poden comprobar se cumplen os requisitos na páxina web www.ayudas.televisiondigital.gob.es.

As comunidades interesadas teñen ata o 30 de xuño de 2015 para solicitar as axudas, que oscilan entre os 100 e os 400 euros.

9 de decembro de 2014 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.