A nova resonancia magnética de Povisa xa comeza a operar

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

A nova resonancia magnética adquirida por Povisa e instalada no hospital durante as últimas semanas comezou a operar con normalidade e nestes momentos realiza estudos radiolóxicos a uns 15 pacientes diarios.

Se trata do modelo Ingenia 1,5 teslas, unha resonancia de última xeración cuxo funcionamento é xa integramente dixital e que mellora sensiblemente, respecto a outros modelos, a resolución e calidade da imaxe, os tempos da proba e o molesto ruído que sofren os pacientes, que se reduce á metade. Esta resonancia mellora tamén nun 40% o sinal da imaxe, é dicir, a información que se obtén do paciente.

A nova resonancia magnética substitúe un modelo máis antigo, que deixa de estar operativo. O hospital ten tres resonancias magnéticas coas que se realizan uns 16.000 estudos anuais.

23 de decembro de 2014 | 10:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.