A nai dun dos detidos do Riazor Blues condena os incidentes do domingo
A nai dun dos detidos o pasado domingo na liorta entre ultras do Atlético de Madrid e do Deportivo da Coruña condenou rotundamente os incidentes e cualificounos de repugnantes.
Os familiares dalgúns dos apresados do grupo radical Riazor Blues estiveron nos corredores dos xulgados á espera de que arrancasen as declaracións.
Unha das nais queixouse de que non sabe nada do seu fillo dende o domingo e que ese día o chamou dende o hospital para dicirlle que o seu amigo estaba a morrer. “Mamá, morre. Eu estou ben”, díxolle.











