A moda dos cafés filtrados chega a Compostela da man de tres expertos baristas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A cafetaría compostelá A Mecca (R/ República Arxentina, 39) acollerá mañá xoves, de 16 a 19h, unha demostración barista para achegar ao gran público un método de preparación do café que é pouco coñecido nas cafetarías españolas: o café filtrado.

Aínda que o café filtrado domina o 95% das cafetarías mundiais, en España apenas rolda a vintena o número de establecementos que ofrecen cafés preparados con esta modalidade, coa que se conseguen cafés dun sabor xeralmente máis suave e, en todo caso, con matices diferentes.

“Trátase de que a xente coñeza outras formas de preparar café e de tentar que, aos poucos, a hostalaría española vaia ampliando a súa oferta no que ao café respecta”, asevera Diego López, asesor barista de Cafento e que será un dos mestres de cerimonias no evento xunto a Víctor Couto, tamén asesor barista de Cafento e dúas veces Campión Barista de Galicia, e Luís Pérez, barista da cafetaría A Mecca.

Quen se acheguen ao establecemento compostelán tamén poderán familiarizarse co cada vez máis de moda latte art, a arte de facer debuxos sobre a superficie do café con crema de leite.

17 de decembro de 2014 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.