A meteoroloxía adversa impide a procura do home que caeu desde o peirao de O Portiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSucesos
A-
A+
Europa Press

A meteoroloxía adversa obrigou a suspender este mércores a procura do sexaxenario que caeu ao mar o pasado venres desde o peirao de O Portiño, na Coruña.

Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, este mércores a forte marusía e mar grosa, así como o vento, impide a saída de embarcacións para continuar coa procura do desaparecido, que levaba a cabo preto de terra.

Mentres, fontes de Protección Civil explicaron que tampouco buscan por terra debido a que está “complicado” polas condicións meteorolóxicas adversas, pero están pendentes da baixamar por se fose posible efectuar rastrexo nese momento, dependendo do tempo.

A desaparición do home produciuse sobre as 19,30 horas do venres, cando o 112 recibiu a alerta de que dous homes se caeron ao mar desde o citado peirao. Un deles puido ser rescatado por pescadores.

3 de decembro de 2014 | 10:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.