A lonxa do porto pesqueiro de Vigo consolídase como líder mundial en pesca para consumo humano

Visita á lonxa do porto de Vigo
O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá a lonxa do Porto Pesqueiro de Vigo, que se consolida como líder mundial en tráfico de pesca para consumo humano.
Segundo recordou López-Chaves tras a súa visita, durante este mes e con motivo das festas do Nadal, as vendas de peixe e marisco no Porto de Vigo aumentaron considerablemente con respecto ás cifras rexistradas en meses anteriores, chegando a duplicarse e mesmo a triplicarse. “Decembro foi un mes bo en canto a capturas e poxas”, asegurou.
Así, apuntou que, nestes momentos, “hai moita demanda de peixe, peixe de calidade, e en Vigo o temos”. Entre as principais especies que se comercializan a través das lonxas olívicas, o máximo responsable portuario destacou a preferencia dos consumidores polo ollomol, o peixe sapo ou a pescada entre as case 110 especies de peixe que diariamente chegan ata os fogares españois. Peixe de calidade que sae a diario da lonxa viguesa a través de decenas de camións que chegan ata calquera punto de España e Europa. “Somos a despensa pesqueira de España”, subliñou.
Así mesmo, recordou que durante estas datas é constante o trasfego de persoas e vehículos nas instalacións do Porto Pesqueiro vigués. De feito, De feito, e de acordo cun estudo elaborado conxuntamente coa Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo, só a pesca extractiva xera preto de 9.000 empregos directos, o que demostra que se trata dunha fonte de traballo moi importante.











