A Liga regresa esta fin de semana ao Multiusos Fontes do Sar
A LNFS regresa este fin de semana ao Multiusos tras o parón do Nadal e trae a 16ª xornada co encontro no que o Santiago Futsal se mide ao 7º clasificado, Magna Navarra.
O primeiro encontro dos de Santiago no 2015 disputarase o domingo ás 12.30 h, debido a que non se pode xogar o día 2 xa que o rival non pode viaxar o día 1, e porque o sábado día 3 o pavillón non está dispoñible.
Para o devandito encontro manteranse os prezos habituais: adultos 10 €, mozos de 13 a 17 anos 5 €, nenos 2 € e subscritores accederán de xeito gratuíta.
Ademais, dende as 11.30 h os nenos poderán gozar, no vestíbulo do Multiusos Fontes do Sar, de Multixogo Infantil cunha zona de inchables, camas elásticas, xogos, fútbol de mesa, etc., todo grazas ao Multiúsos Fontes do Sar.











