A Laracha pon en valor a zona da Rede Natura 2000 de Caión co acondicionamento de dous camiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha vén de acometer senllas actuacións na zona de especial conservación (ZEC) Costa da Morte -área pertencente á Rede Natura 2000 de Caión- que tiveron por obxectivo a completa limpeza e a sinalización dos coñecidos como camiños de Anobos e Augacae, situados no núcleo de Xermaña da citada parroquia costeira, moi preto do límite co termo municipal de Arteixo. En concreto, actuouse no ámbito situado sobre as enseadas de Lourido e de Folgueiros.

A finalidade da actuación foi acondicionar estes carreiros e deixalos en boas condicións para permitir o tránsito a pé polos mesmos, ofrecendo a posibilidade de disfrutar dunha área de especial riqueza medioambiental pola súa biodiversidade, así como de gran beleza paisaxística, xa que desde este lugar pode divisarse o litoral do inicio da Costa da Morte (Caión, Baldaio e as illas Sisargas) e parte do de Arteixo (incluíndo o porto exterior de Punta Langosteira).

O sendeiro de Anobos alcanza unha lonxitude de 761 metros, mentres que o de Augacae ten unha distancia de 465 metros. Por tanto, foron acondicionados en total 1.226 metros lineais na Rede Natura 2000 de Caión, ao longo dos cales se colocaron paneis informativos para indicar en que. O alcalde do Concello da Laracha lugar se atopa o camiñante en cada momento do percorrido, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde e edil responsable da área de Medio Ambiente, José Ramón Martínez Barbeito, estrearon hoxe esta nova ruta que se propón para realizar a pé.

Para o cofinancianmento das actuacións executadas contouse cunha achega procedente do programa de subvencións dirixidas a municipios incluídos na Rede Natura 2000 convocado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e, á súa vez, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O Concello da Laracha realiza esta actuación dirixida á posta en valor deste ámbito situado na ZEC Costa da Morte da Rede Natura 2000 despois de ter acometidos ao longo dos últimos meses outros traballos dirixidos a acondicionar sendeiros e corredoiras para permitir o tránsito a pé en zonas do interior do municipio situadas a carón dos ríos Anllóns e Bradoso.

16 de decembro de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.