A Laracha acenderá mañá a iluminación de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha acenderá mañá sábado pola tarde a iluminación de Nadal, que permanecerá visible ata o vindeiro 6 de xaneiro de 2015, despois do día de Reis.

Neste ano o goberno local acordou reforzar esta iluminación cos obxectivos de espertar entre os veciños e visitantes o espírito propio do Nadal, así como para potenciar o sector do comercio local.

O alumeado con motivos típicos destas datas será visible nos tres núcleos urbanos do municipio, estando presente na Laracha (Praza do Concello, rúa Santa Lucía e nas avenidas de Caión, Fisterra e Doutor López Astray), Paiosaco (campo da feira, avenida Bergantiños e rúas Eduardo Pondal, José Loureiro e A Porta Santa) e Caión (praza Eduardo Vila Fano, avenida da Laracha, rúa Méndez Núñez e zona da Ínsua).

A luces de Nadal instaladas polo Concello da Laracha son microbombillas LED de baixo consumo.

12 de decembro de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.