A gastronomía de Nadal regresa esta fin de semana ós Mercados de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O espazo central da Praza de Abastos de Monforte acollerá, os días 27 e 28 de decembro, o segundo Mercado Gastronómico deste Nadal, que complementará a oferta de produtos do mercado tradicional.

Para preparar a cea de Noitevella e a comida de Reis con menús da nosa terra, nada mellor que acudir ó mercado gastronómico que se celebrará esta fin de semana. Un variado mostrario da gastronomía galega con doces, embutidos, queixos, lacóns, verduras da época, licores, chocolates, marmeladas e delicatessen para deleitar á familia ou, por que non, para ofrecelos como regalo de Nadal.

Un Mercado onde poderemos atopar todo o necesario para confeccionar un magnífico menú para despedir o 2014 e darlle a benvida ó 2015, xa que o Mercado temático completará a oferta da Praza de Abastos, na que se poden mercar todo tipo de carnes e peixes en fresco.

Os 12 comerciantes e produtores que participarán no Mercado Gastronómico son os que se indican a continuación:

-Deseño do Sabor: cupcackes, tartas, marmeladas, repostería creativa.

-Sabores da Ribeira Sacra: conservas, licores, doces, algas…

-Caza e Ibéricos: embutidos de caza e ibéricos, aceite, conservas…

-Queixería Sto. André: queixo do Cebreiro.

-Repostería Luymi: bicas, madalenas, pan de queixo, noces…

-Casa Neiras: embutidos tradicionais, lacóns, cachuchas…

-Delicias da Terra: doces, viños, conservas, marmeladas…

-Terras de MªCastaña: hortalizas, froitas, legumes…

-Embutidos Suarna: chourizos, cachuchas, lacóns de Os Ancares.

-Roscas MªCarmen: roscas de Millán

-Cafés Conti: chocolates, orellóns, froitos secos, delicatessen…

-Caurelor: crema de castañas, marrón glacé, marmeladas…

26 de decembro de 2014 | 10:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.