A gastronomía de Nadal chega aos Mercados de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O espazo central da Praza de Abastos de Monforte acollerá, os días 13 e 14 de decembro, o primeiro Mercado Gastronómico deste Nadal, que complementará a oferta de produtos gastronómicos ofertados no mercado tradicional.

Para preparar as comidas destas festas con menús da nósa terra, nada mellor que acudir ós mercados gastronómicos que se celebrarán os días 13 e 14 e tamén o 27 e 28 de decembro. Un variado mostrario da gastronomía galega con doces, embutidos, queixos, lacóns, verduras da época, licores e delicatessen para deleitar á familia ou por que non, para ofrecelos como regalo de Nadal.

Un Mercado onde poderemos atopar todo o necesario para confeccionar o noso menú navideño, xa que o Mercado temático completará a oferta da Praza de Abastos, na que se poden mercar todo tipo de carnes e peixes en fresco.

Os 12 comerciantes e produtores que participarán no Mercado Gastronómico, ocupando un total de 14 postos, son os que se indican a continuación:

-Deseño do Sabor: cupcackes, tartas, marmeladas, repostería creativa.

-Sabores da Ribeira Sacra: conservas, licores, doces, algas…

-Caza e Ibéricos: embutidos de caza e ibéricos, aceite, conservas…

-Queixería Sto. André: queixo do Cebreiro.

-Repostería Luymi: bicas, madalenas, pan de queixo, noces…

-Casa Neiras: embutidos tradicionais, lacóns, cachuchas…

-Delicias da Terra: doces, viños, conservas, marmeladas…

-Queixos Victor Rey: queixo azul de Galicia, tetillas…

-Terras de MªCastaña: hortalizas, froitas, legumes…

-Embutidos Suarna: chourizos, cachuchas, lacóns de Os Ancares.

-Panadería La Luna: larpeiras, empanadas, rosquillas, pan…

-Roscas MªCarmen: roscas de Millán

10 de decembro de 2014 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.