A familia Ruiz-Moya Decoster cede un retablo de Santo Estevo ó Museo de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A familia Ruiz-Moya Decoster cedeu hoxe en depósito unha nova peza artística de gran valor ao Museo de Pontevedra. Trátase dun retablo do gótico catalán, datado entre 1420 e 1430 e que representa a Santo Estevo.

É o segundo retablo que esta familia cede ao Museo de Pontevedra, despois da cesión realizada en marzo de 2010 do retablo de San Acacio e os dez mil mártires do Monte Ararat.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, agradeceu á familia a confianza depositada na Deputación de Pontevedra e no seu Museo para protexer e difundir pezas únicas que pertencen ao seu patrimonio privado. Sinalou que esta donación que incrementará os moitos atractivos culturais e artísticos do Museo de Pontevedra e ampliará a colección xa existente de retablos que atesora. Louzán destacou que “hoxe é un gran día para o Museo coa incorporación desta peza de extraordinario valor”.

A familia, pola súa banda, dixo que elixiu o Museo de Pontevedra para depositar esta peza singular e de extraordinario valor polo valor do Museo en sí e polo “fantástico labor que se ven realizando nel, por eso  non pensamos en ningunha outra institución para ceder este retablo pois non hai un Museo similar a éste en Europa”.

A familia afirmou que o retablo foi comprado fai vinte anos a un anticuario de Barcelona e agora é cedido á Deputación de Pontevedra por cinco anos, con prórrogas previstas.

O retablo de Santo Estevo data de 1420-1430. É un retablo de filiación catalá creado, con seguridade, no taller dun dos máis importantes pintores do gótico catalán, como é Jaume Cabrera. Trátase dunha peza que se conserva completa, ao contrario do que adoita suceder con este tipo de obras. É un retablo do gótico internacional moi ben conservado.

A familia Decoster xa cedera en depósito por un período de 10 anos (ata 2020) o retablo gótico dedicado a San Acacio e os dez mil mártires do monte Ararat, procedente  orixinariamente do convento dominicano de  Santa María de Belvís, en Santiago de Compostela.

Este retablo (que fora vendido en 1944 e ao que se lle perdera a pista) foi recuperado en 2005 pola familia Decoster, que decidiu cedelo ao Museo por considerar que era o mellor sitio para garantir a súa conservación e que todos poidan contemplalo. O retablo de Belvís é a única testemuña chegada ata hoxe dunha pintura sobre táboa realizada en Galicia durante a Idade Media. Agora súmase este retablo catalán, que se exporá na Sala 1 do Sexto edificio do Museo, a poucos metros do de San Acacio.

O director do Museo, Carlos Valle, afirmou que o retablo de Santo Estevo é unha peza moi representativa do gótico internacional. “Ten a singularidade de que se conserva completo e de que mostra a historia de Santo Estevo en seis escenas que reproducen a vida de quén foi o primeiro mártir da Igrexa e que morreu apedreado, polo que foi asimilado aos Apóstoles”, dixo.

Valle destacou o bó estado de conservación dunha peza que tén 600 anos e  procede dalgunha capela, mosteiro ou igrexa adicada a Santo Estevo no patrimonio eclesiástico da zona occidental de Barcelona “seguramente enaxenado cando a Desamortización de Mendizábal”.

Louzán resaltou que o Museo de Pontevedra “é un verdadeiro referente en Galicia e España”. “O traballo de ampliación, potenciación e dinamización que se ven facendo nos últimos anos obtén a recompensa do incremento de visitantes e da confianza que cada día máis personas e institucións mostran á hora de depositar nel as súas obras”.

2 de decembro de 2014 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.