A Factoría de Innovación de Vigo analiza como as novas tecnoloxías melloran a forma de relacionarse das empresas galegas

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

A Factoría de Innovación de Vigo celebrará este mércores, 17 de decembro, a partir das 17:00 horas, nas instalacións centrais do Consorcio da Zona Franca de Vigo, o showroom “Como as tendencias tecnolóxicas están a transformar a forma de relacionarnos cos axentes crave da empresa?”, incluído no seu Programa de Actividades en Aberto.

O principal obxectivo desta actividade é analizar, a través dos casos concretos de Buscadestinos, Grupo Predomina, Ultreia Comunicacións e Ayco Internet, o cambio que as novas tecnoloxías están a provocar na forma na que as empresas se relacionan coas súas principais audiencias e dar a coñecer as vantaxes que achegan á hora de captar novos clientes, reter o talento, relacionarse coa sociedade ou implicar aos provedores na cadea de valor empresarial.

Así mesmo, abordaranse conceptos como o posicionamento SEM e SEO, as alternativas en software libre para realizar unha xestión exitosa ou as aplicacións de Xestión dos Dispositivos Móbiles (GDM).

Os interesados en participar nesta xornada gratuíta deben enviar o formulario que atoparán na páxina web da Factoría de Innovación de Vigo (www.eoi.es/fdi/vigo). O aforamento está limitado a 100 prazas que se asignarán por rigorosa orde de inscrición.

15 de decembro de 2014 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.