publicidade hoxe

A Escola Municipal de Música de Cerdedo prepárase para o concerto do 4 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

A Escola Municipal de Música de Cerdedo avanza nos seus ensaios de cara á primeira actuación que terán o vindeiro domingo 4 de xaneiro. Esta escola municipal posta en marcha polo Concello de Cerdedo neste ano, está formada por mozos e maiores do municipio cerdedense e realiza os seus ensaios no Centro Cultural de Cerdedo dous días á semana, un día en microgrupos e outro día en macrogrupo.

As actividades que realizan son: música e movemento os xoves de 17 a 18 h onde participan máis dunha decena de nenos; solfexo dividido en 2 grupos os xoves e logo os sábados con ensaios xerais. Os instrumentos que tocan os alumnos da escola municipal son: instrumentos de vento e madeira, de vento e metal e de percusión. Os profesores son expertos profesionais docentes e membros da Escola de Música da Estrada.  

En total son máis dunha vintena os que participan nesta actividade que naceu coa idea de que en moi breve prazo de tempo o Concello poida dispor dunha banda de música propia e os mozos e maiores poidan ocupar así os seus intres de lecer.

12 de decembro de 2014 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.