A Escola de Atletismo celebra antes das vacacións o Xogatlon e o seu Festival de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Mañá sábado, no CGTD de Pontevedra, celébrase a segunda xornada do Xogatlon, desde o dez até o once da mañá. Unha competición especial que prima sobre todo a formación dos futuros atletas pontevedreses, máis que o resultado deportivo.

Nesta segunda xornada celebraranse as especialidades de salto de altura, lanzamento de xavelina, aínda que os máis pequenos efectuarán lanzamento de pelota e carreira de 500 metros. Ademais dos alumnos da Escola Municipal de Atletismo, participarán atletas doutros clubs da comarca e centros escolares.

Sen solución de continuidade o luns ás seis da tarde, no Pavillón Municipal, a Escola de Atletismo terá o seu Festival de Nadal particular, cunha competición atlética, na pista principal da instalación.

12 de decembro de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.