A Deputación destina 103.659 euros á urbanización da rúa Ramón y Cajal e rúa Arapiles, en Vilagarcía de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Deputación de Pontevedra financiará con 103.659 euros os traballos de urbanización da rúa Ramón y Cajal e dun tramo da rúa Arapiles, en Vilagarcía de Arousa.

Os traballos inclúense na achega que a Administración provincial destina ó municipio arousán no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais.

O obxecto dos traballos é completar o carácter peonil da rúa Ramón y Cajal, que na actualidade xa é de uso preferentemente peonil no tramo comprendido entre a rúa Alcalde Rey Daviña e a Praza de Ravella.

Ademais de completar a peonalización desta vía, tamén se fará no tramo da rúa Arapiles, situada entre Ramón y Cajal e Duque de Rivas.

A urbanización suporá que todo o ancho da rúa, incluíndo a actual calzada e beirarrúas, se situará nun mesmo nivel, cun pavimento unificado e adaptado ó tránsito peonil. O único tránsito rodado nestas dúas vías será o de acceso ós garaxes.

26 de decembro de 2014 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.