publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra aproba unha subvención de 60.451 euros para o peche perimetral do campo de fútbol de Rodeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraRodeiro
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión dunha achega de 60.451 € para as obras de peche do campo de fútbol de Rodeiro, situado na Raña.

A subvención forma parte do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais e permitiralle ó Concello contratar e financiar os traballos necesarios para rematar o acondicionamento destas instalacións deportivas.

Os traballos consistirán na substitución dos antigos muros, situados nas fachadas norte e leste do campo de fútbol, co obxectivo de mellorar tanto a seguridade (debido á deterioración que presentan os actuais) coma a estética, xa que o actual cerrado non é acorde co actual campo, recentemente remodelado.

A remodelación do campo rematouse este mesmo ano e contou cun orzamento de 579.900,43 € por parte da Deputación de Pontevedra.

As obras representaron a adaptación do terreo de xogo, que era de terra, dotándoo de céspede artificial e marcándoo para un campo de fútbol 11 e dous transversais de fútbol 7, incorporando ademais o equipamento necesario (porterías, bandeirolas de córner abatibles, bancada para suplentes…) e procedendo ó peche perimetral do terreo de  xogo con varanda de aluminio.

A actuación completouse cunha bancada cuberta con capacidade para 120 espectadores e un pequeno edificio destinado a bar, así como un baño adaptado para persoas con discapacidade. Quedou unicamente pendente o pechamento exterior do campo, para o cal agora se concede a subvención.

27 de decembro de 2014 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.