A Deputación de Pontevedra a mellora da intersección Cerdedo-Santo Domingo coa N-541
O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe definitivamente a obra de intersección da estrada Cerdedo-Santo Domingo coa N-541 e resolveu as alegacións presentadas.
A obra, que conta cun orzamento de 414.397 euros, afectará a un total de 10 terreos e 5.196 m2, dos cales 2.464 se sitúan en catro terreos do arcebispado de Santiago.
O traballo previsto mellorará a conexión con numerosos núcleos rurais e a seguridade viaria pois a intersección ten na actualidade un ángulo moi pechado e unha forte pendente e cambio de rasante.
Diminuirase a pendente da intersección e anchearase a vía. Trátase de eliminar un cruzamento perigoso situado en pleno núcleo urbano de Cerdedo.











