publicidade hoxe

A Deputación de Lugo pechará ao tráfico un treito da estrada 2703 en Láncara por obras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncaraLugo
A-
A+

A Deputación pechará temporalmente ao tráfico un treito da vía provincial LU-P-2703, que discorre entre A Pobra de San Xiao e Carracedo, no Concello de Láncara, para levar a cabo labores de acondicionamento desta vía provincial.

Os cortes produciranse entre os puntos quilométricos 2,335 e 6,05, para poder levar a cabo traballos de mellora do firme con aglomerado. De calquera xeito, a estrada permanecerá aberta á circulación de vehículos entre as 19:00 e as 8:00 horas, así como sábado, domingo e a festividade do luns, isto é, os días 6, 7 e 8 de decembro.

Os traballos prolongaranse, previsiblemente, unha semana.

2 de decembro de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.