publicidade hoxe

A Deputación da Coruña financia a mellora da seguridade viaria na rúa Manolito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCurtisVilasantar
A-
A+

Os alcaldes de Curtis e Vilasantar, Javier Caínzos e Fernando Pérez, asinaron estes días co presidente da Deputación un convenio de colaboración conxunto para o arranxo da rúa Monolito, que comparten ambos os dous concellos.

 O proxecto supón a mellora da seguridade viaria nesta zona a través da construción dunha senda peonil e o reforzo do firme, actuación que en principio se contratará por un importe de 157.832,52 euros que serán asumidos na súa totalidade pola Deputación da Coruña.

 Segundo explicou o alcalde de Vilasantar, Fernando Pérez, a obra “é moi necesaria”, xa que afecta a unha zona de moito tránsito de vehículos e mesmo de camións pola súa proximidade á cooperativa. “Estamos a falar dun proxecto de seguridade viaria porque grazas a esta actuación facilitaremos o acceso dos camións pero, sobre todo, buscamos a seguridade dos veciños”, apuntou.

 Pola súa banda, o presidente Diego Calvo sinalou a importancia que supón para a Deputación poder financiar proxectos conxuntos, compartidos entre dous ou máis concellos, co obxectivo de mellorar así a eficiencia na xestión e evitar a duplicidade de actuacións. 

10 de decembro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.