publicidade hoxe

A Deputación da Coruña aproba 79.557 euros para a mellora da rede viaria municipal da Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe unha subvención de 79.557,22 euros ao Concello da Cañiza para a pavimentación dos camiños rurais de O Cano-Cruz-Caldas e de Lameiro, ambos os dous na parroquia de Parada de Achas.

As obras afectan a dous viais municipais que se atopan en moi mal estado. Os dous camiños enlazan entre si e comunican numerosos núcleos de poboación.

Os traballos consistirán na limpeza de marxes, apertura de cunetas e renovación da capa de rodaxe, pavimentando a calzada con mestura bituminosa en quente.

Ademais, no camiño de Lameiro mellorarase a drenaxe para evitar acumulación de auga na vía. Para iso, abriranse dúas canles de desagüe.

12 de decembro de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.