A Defensora do Pobo actúa de oficio no falecemento do siareiro do Deportivo da Coruña
A Defensora do Pobo, Soledad Becerril, abriu unha actuación de oficio a raíz do falecemento dun siareiro do Deportivo da Coruña o pasado 30 de novembro, tras un enfrontamento entre seguidores violentos deste equipo e do Atlético de Madrid.
A Institución enviou un escrito ao Consello Superior de Deportes para coñecer as medidas adoptadas no último ano pola Comisión Estatal contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte, para previr comportamentos violentos e actos de incitación ao odio.
Así mesmo, a Institución quere saber as posibles propostas de instrución de expedientes sancionadores derivados dos feitos acontecidos.
Tamén se solicitou información sobre as medidas previstas polo Observatorio da Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte, para evitar este tipo de actos violentos no deporte, de acordo coa Lei 19/2007, do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte.











