A Copa Xunta preséntase como bálsamo para o Prone Lugo
O Prone Lugo F.S. viaxa mañá luns a Vigo para enfrontarse ao Talleres ABC (18:00 horas- Pavillón de Navia), nun partido correspondente aos cuartos de final da Copa Xunta. Os xogadores de Javier Albes tratarán de usar esta competición como bálsamo á dinámica negativa de resultados en Liga e coller forzas de cara ao choque transcendental do próximo sábado en Zaragoza.
A expedición lucense, que parten ás 14:45 horas do Terra, está formada por Óscar Iglesias, Mimi, Diego Núñez, Iago Rodríguez, Nacho Pedraza, Antonio Diz, Alex Diz, Javi Río, Illi, Rubén Mouriz, Manuel María e Jose López.











