A Comisión Paritaria do Convenio Colectivo para empresas do Metal mostra o seu malestar pola situación do sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Comisión Paritaria do Convenio Colectivo para empresas do Metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra acordou, mediante a emisión deste comunicado, facer público o seu malestar e preocupación pola situación que vén soportando o sector metalúrxico desde hai xa varios anos, con referencia á competencia desleal que xeran as empresas que operan por baixo da lei, incumprindo as normativas ambientais, sociais, laborais, fiscais, etc., e que constitúen unha verdadeira secuela para o sector, a competitividade das empresas e, entre outros, ameazando a calidade e estabilidade do emprego.

No ámbito de actuación dos talleres de reparación de vehículos, é dabondo coñecida, a existencia de talleres clandestinos, os cales representan unha porcentaxe moi elevada de actividade ilegal.

No ámbito das instalacións eléctricas existe unha situación análoga, aínda que algúns están dados de alta na Consellería de Economía e Industria, non cumpren cos demais requisitos legais establecidos polas normativas, non contan con seguro de responsabilidade civil, non cumpren coa formación necesaria en prevención de riscos laborais, etc, o que xera importantes perdas tanto para as arcas municipais como para as empresas legalmente establecidas, as cales ven minorada a súa carga de traballo debido á brutal competencia desleal que este tipo de actuacións xera.

No ámbito de mantemento e reparación naval tamén se pon de manifesto, cada vez con máis forza, situacións de competencia desleal cara a empresas do sector, orixinando desigualdades que se reflicten a nivel de competencia de mercado, carga de traballo e calidade de emprego.

Por todo iso, a Comisión Paritaria do Convenio do Metal da provincia de Pontevedra urxe actuación por parte das Administracións Públicas para pór fin a estas situacións ilegais que tanto agravio causan á sociedade e á economía do noso país, axudando así, a restablecer a legalidade no ámbito da competencia entre empresas, asegurar a correcta protección dos traballadores xerando emprego de calidade e evitando a realización de traballos de baixa calidade que poidan pór en perigo a seguridade das persoas, supondo nalgunha das nosas actividades un risco para consumidores, clientes e usuarios.

16 de decembro de 2014 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.