publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Casa da Cultura de Neda acolle o espectáculo “Feliciano” a cargo da compañía “Os Sete Magníficos máis Un”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaNeda
A-
A+

A Casa da Cultura de Neda ofrecerá este venres, 26 de decembro, o espectáculo “Feliciano” a cargo da compañía “Os Sete Magníficos máis Un”. Será a partires das 20.30 horas e, aínda que a entrada é de balde, é preciso recoller invitación na propia Casa da Cultura. Dirixido por Iván Prado, en “Feliciano”, Fran Rei e Pedro Brandariz levan ao escenario os seus populares personaxes de O Gordo e o Calvo, que cada venres fan acto de presenza no programa Luar da TVG. Nesta nova producción cómica – a décimo cuarta desde a formación da compañía en 2001– “Os Sete Magníficos máis Un” ofrecen unha visión chea de retranca das festas do Nadal, a través de diferentes situacións cómicas e co espíritu clown que caracteriza os seus traballos.

Ao longo desta aloucada comedia o público poderá atopar escenas cotiás que poden suceder no Nadal, pero vistas a través dunha ollada cómica. Desde un Papá Noel na oficina da Seguridade Social desesperado polos trámites burocráticos para darse de alta como autónomo, ata unha atípica cea de fin de ano nun restaurante, pasando por unha visita ao centro comercial para mercar todos os agasallos. Humor, clown, participación do público, turrón, uvas, mazapáns e champán para este espectáculo cómico sobre o Nadal.

23 de decembro de 2014 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.