publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Fene inaugura a exposición do VIII Premio de Banda Deseñada Castelao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, informou esta mañá que a Casa da Cultura vén de inaugurar nova exposición. A mostra do VIII Premio de Banda Deseñada Castelao, convocado pola Deputación provincial da Coruña e correspondente á edición de 2012, recolle as coleccións da obra obra gañadora e a finalista. Neste caso, “Catálogo de beleza gratuíta”, de Francisco Bueno Capeáns, e “O misterio do Pico Sacro”, de Rafael Saldaña López, respectivamente. No seu conxunto, en torno a sesenta imaxes enmarcadas en aluminio e metacrilato.

O público poderá disfrutar dela ata o 7 de xaneiro, de luns a venres de 10 a 14,15 horas. Así mesmo, a edil Rocío Bértoa lembra que tamén segue a disposición do público, ata finais de mes, a exposición de caricaturas “Pola Cara”, producida polo Museo do Humor fenés con obras doadas para a ocasión por máis de medio cento de debuxantes e caricaturistas galegos, españois e internacionais (Abraham Carreiro, Ulisses Araujo, David Lara, Jorge Inacio, Carlos Sardiña, Christian Jacob, Raúl Iglesias, Moisés Ramírez, Gogue, David Pintor, José Luis Castro Lombilla, Baptistao, Polo, Walter Toscano, Xavi, Sebastian Cast, Armando Gámez Padrón, Álex Gallego, Jarbas Domingos, José Julio, etc.).

23 de decembro de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.