A camelia invade Boiro
A Casa da Cultura Ramón Martínez López, no parque da Cachada inaugúrase este sábado, 13 de decembro, ás 12:30h., a “XI Exposición Camelia Sasanqua e Outras”. O acto estará presidido polo alcalde de Boiro, xunto con Carmen Pita Urgoiti, Directora Xeral da Axencia de Turismo Galega (Turgalicia).
O remate da presentación plantarase a “Camelia Boiro” variedade conseguida polo método de polinización por Begoña Franco Paz, cultivadora boirense recoñecida que tivo a ben doala o pasado ano o Concello.











