A cabalgata de Reis en Lalín sumará un total de 22 entidades participantes no desfile

Reunión preparatoria
Os nenos e nenas desde 4 anos en adiante que desexen formar parte dela acompañando ás súas Maxestades aínda están a tempo de anotarse na OMIX en horario de 9 a 15 horas Este ano cóntase cun maior número de participantes: incorpóranse a charanga Ardores, Viravolta/Seisdedos, charanga Os Verbeneros, unha orixinal moto con sidecar e un Barreiros restaurado que irá cargado de pequenos pastores e que irá a continuación da carroza do portal de Belén Repartiranse un total de 800 kg de caramelos sen gluten que serán lanzados, por motivos de seguridade, unicamente desde as tres carrozas dos Reis Magos A tarde de Reis completarase con espectáculos de animación, concerto e sorteo de vales de premios do CCA
As Concellerías de Comercio e de Xuventude levan traballando desde o mes de setembro para organizar a Cabalgata de Reis 2015 e, deste xeito, para que o vindeiro 5 de xaneiro, a partir das 17.30 horas, a ilusión inunde as rúas de Lalín.
A edición deste ano contará con novidades que se refire ao número de asociacións, clubs e carrozas que participan no desfile, un total de 22 entidades que desfilan fronte ás 17 do ano anterior. Son por esta orde: Motoclub KM0, Cabaleiros de Lalín, carroza Portal de Belén e pastores, camión antigo con pastores, Gaiteiros Os Trasnos, carroza da estrela, estrelas a pé, Correos, Protección Civil, Melchor, charanga Os Verbeneros, carroza Castelo de Herodes, romanos, Clásicos O Toxos, Gaspar, charanga Ardores, Gaspar, carroza Árbore de Nadal, árbores de Nadal, Clásicos Deza, Baltasar, Viravolta e Bombeiros de Lalín.
Deste xeito, incorpóranse a charanga Ardores, Viravolta/Seisdedos, a charanga Os Verbeneros, todas elas agrupacións locais, xunto cunha orixinal moto con sidecar e un camión restaurado (un Barreiro 735 do ano 1965, propiedade de Pedro Cortizo de Bendoiro e do seu fillo Juan), que irá cargado de pequenos pastores, a continuación da carroza do portal de Belén.
O percorrido será o de costume, comezando na Praza da Marina e discorrendo polas rúas D, Luís González Taboada, Avenida de Bos Aires, rúa Joaquín Loriga e Principal (en sentido inverso á circulación), Matemático Rodríguez, rúa Colón e rematando na Praza da Igrexa onde os Reis recibirán aos nenos. Por suposto, haberá caramelos para todos os pequenos e maiores que se sitúen polo percorrido das mencionadas rúas. A organización dispón de 800 quilogramos de caramelos sen gluten que serán lanzados, por motivos de seguridade, unicamente desde as tres carrozas dos Reis Magos.
Os nenos poderán facer ao remate a tradicional foto cos Rei Mago que eles escollan, ao que tamén poderán entregar a carta que leven preparada ou ben pedirlle persoalmente os agasallos que solicitan. Todos os nenos terán un pequeno regalo sorpresa. A tarde completarase con espectáculos de animación, concerto e sorteo dos vales dos premios do CCA.
Para que a Cabalgata sexa posible é necesario contar coa colaboración de nenos e nenas que queiran formar parte dela acompañando as súas Maxestades para o que aínda se dispoñen de prazas. As idades requiridas son desde os 4 anos en adiante e poden inscribirse na OMIX, no Concello de Lalín, en horario de 9 a 15 horas.
AGRADECEMENTOS
Desde o Concello de Lalín agradécese a colaboración de entidades como o Banco Sabadell, Correos, asociacións como Cabaleiros de Lalín, MotoclubKM0, Clásicos O Toxo e Ardores, Working Wheels, Os Trasnos de Doade, charangas Os Verbeneros e Ardores e de empresas como Maxideza, Grúas Riádigos, Carpinterías metálicas CELAR e METALBO.
Tamén se dan as grazas a todas aquelas persoas que brindan a súa axuda para facer deste día algo especial, conducindo os tractores que levan as distintas carrozas ou botando unha man para vestir e acompañar aos rapaces durante o percorrido en Cabalgata. Hai que destacar que para a edición da Cabalgata deste ano son máis os papás e mamás que se animan a disfrazarase e acompañar ás Maxestades de Oriente.











