publicidade hoxe

A Baña reparará 11 quilómetros de camiños rurais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

O Concello da Baña reparará e acondicinará 10,8 quilómetros de camiños rurais e pistas de concentración. O proxecto inclúese no Plan de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar e financiado con fondos europeos. O investimento previsto, que se executará nos próximos meses e antes de que finalice xuño de 2015, rolda os 110.000 euros.

Os camiños que serán arranxados son: Alto da Trincheira (Cabanas), Valiña-Romarís (Lañas), Menlle, Vilar de Suso, Vigobo (A Riva), Doumes, Nantón-Cantalarrana, Barro de Abaixo, Suevos (Grouxo-Faxín), Agra do Outeiro (Marcelle) e Agra de Vilar (Marcelle).

O Concello da Baña informa de que esta semana se levantou a acta de non inicio destas obras, trámite que implica a autorización para iniciar o proceso de adxudicación. O Concello confía en iniciar os proxectos a inicios de 2015. A reparación e acondicionamento consistirá na súa maioría en dotar dunha nova capa de zahorra a estas pistas, na súa maioría rurais e forestais. Esta actuación permitirá o desenvolvemento da actividade do sector primario asentado no rural da Baña.

11 de decembro de 2014 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.