publicidade hoxe

A Baña programa ‘Nadal xogo’ para apoiar a conciliación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

O Concello da Baña pon en marcha durante estas datas o ‘Nadal xogo’ para que os pais e nais dos máis pequenos do Concello poidan conciliar vida laboral e familiar. O ‘Nadal xogo’ está programado para os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro. Está destinado a nenos e nenas de tres a doce ano. Comenzará ás 9.00 horas e rematará ás 14.30 horas. A programación contará con xogos e outras actividades e desenvolverase no Centro Social e da Terceira Idade da Baña. Os interesados poden apuntarse ata o día 18 de decembro na Concellaría de Cultura, na sede do Concello da Baña, e nos seguintes números de teléfono: 981.886.501 / 608.819.741 / 607.577.419. A actividade non ten ningún coste para os usuarios.

16 de decembro de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.