publicidade hoxe

A asociación Amarai celebra o seu Festival de Nadal en Boimorto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoimorto
A-
A+

Un ano máis dende o Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade da Asociación de persoas con discapacidade das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide (AMARAI), membro de COGAMI, celebrará no día de mañá, 23 de decembro, na Casa de Cultura de Boimorto, un gran festival con motivo destas festas e que terá como principias protagonistas as persoas usuarias do centro.

Dará comezo a partir das 11:00 horas con diferentes interpretacións teatrais, musicais e mesmo un concurso moi especial onde o público poderá exercer de xurado para premiar ás/aos mellores interpretes nas diferentes modalidades.

Anímate e participa! Comprobarás o enorme traballo do grupo das persoas usuarias e as profesionais que a diario traballan no centro.

22 de decembro de 2014 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.