A asemblea da Sociedade Ximnástica presenta as novas incorporacións para o equipo de División de Honra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Xunta Directiva da Ximnástica presentou aos socios da veterana Sociedade, o que vai ser o equipo que defenderá a entidade pontevedresa na súa novena tempada en División de Honra.

11 dos atletas que actuaron a pasada campaña, deixaron a Ximnástica, polo que a remodelación do equipo é bastante importante. A baixa máis significativa foi a de Marc Tur, que conseguiu o título nacional de marcha en ruta, e por ende que outros equipos se fixasen nel, sendo moi complicado igualar a oferta que lle fixeron.

Outros 11 atletas incorporáronse para completar o equipo masculino; Mario Álvarez xunto con Ricardo Gaya, serán de utilidade para o salto de lonxitude ou o triplo salto; Iván Blanco cubrirá a sempre esixente proba de 3.000 metros obstáculos; Manuel Castellanos, terá o seu lugar na proba de lanzamento de xavelina; Alberto Guerrero, substituirá nos 800 metros a Eduardo Suárez que nos deixou despois de ser finalista no Campionato de España; Enriq Obiol será unha grande incorporación para o salto con pértega; Gonzalo Sánchez-Camacho, cubrirá outra baixa significativa, a do velocista David Alejandro e para a proba de marcha, hai 3 novas incorporacións, David Jiménez, David Mateos e Enrique Moret; por último Sergio Paredes é o novo especialista no lanzamento de martelo.

Tamén se mencionou ás atletas do equipo feminino, que estivo a punto de participar a pasada campaña na final a oito de 2ª División, ao ser o noveno equipo do ranking nacional da categoría. A Dirección Técnica incorporou ao equipo da Ximnástica ás velocistas, Esperanza Caldas ou ás fondistas, Barca Toba e Orballo Rodríguez, que xunto ás novas atletas que proveñen da canteira, intentarán meter no próximo mes de xuño, o equipo na final de 2ª División.

Os primeiros números da San Silvestre, empezaron a entregarse na oficina de Turismo de Pontevedra

Tras o tremendo éxito no número de inscritos para a carreira pedestre popular de San Silvestre con 4.439 anotados, un 50% máis que a pasada edición e que se celebra o próximo 31 de decembro, ás cinco da tarde, na Avenida de Monteiro Ríos de Pontevedra. Durante o sábado empezáronse a repartir os números aos corredores.

Familias enteiras acudiron á casa da luz, na praza da Verdura de Pontevedra, onde está a sede da oficina de Turismo do Concello de Pontevedra, para recoller o seu número. Ao longo do luns, martes e o mércores pola mañá; seguiranse entregando os números na casa da luz, en horario de 10 a 13:30 horas, pola mañá e de 16:30 a 19:30 horas, pola tarde; aínda que o mércores se pechará a recollida de números ás 13:00 horas.

A Sociedade Ximnástica de Pontevedra e o Instituto Municipal de Deportes continúan traballando para que a carreira sexa un éxito; polo momento as previsións meteorolóxicas anuncian que non vai chover a tarde do 31, o que sen dúbida animará a que a participación sexa moi alta.

Calquera pode achegarse á casa da luz ou á saída da carreira, para ademais entregar un alimento para o banco de alimentos de Pontevedra; un labor solidario que xa leva celebrándose catro anos e ademais para axudar na organización da carreira, se pide a colaboración dos corredores para entregar un euro na recollida do seu número.

28 de decembro de 2014 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.