A alcaldesa de Marín reúnese co comité de empresa de factoría naval

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+
Reunión da alcaldesa con representantes da Factoría Naval

Reunión da alcaldesa con representantes da Factoría Naval

Despois de máis de tres anos con reunións, no Concello, na Xunta de Galicia, coa Consellería de Economía e Industria, co IGAPE, coas entidades financeiras, cos socios da empresa, houbo moitas vicisitudes que levaron un longo camiño para o persoal, moitos sufrindo a diminución importante da mesma, situacións de sacrificio persoal e profesional, parece que se empeza a ver a luz.

O comité de empresa de Factoría Naval visitou hoxe á Alcaldesa para agradecerlle o traballo, as xestións, as reunións e os momentos máis difíciles desta empresa situada no Porto de Marín.

Desde a alcaldía mostráronse receptivos a seguir apoiando a esta empresa e a continuar un labor de apoio desde o punto de vista que para o concello de Marín é unha actividade estratéxica dentro do Porto de Marín e que existisen empresas interesadas en suxestión presente e futuro.

A Alcaldesa púxose á súa disposición e desexoulles un bo inicio de tempada.

2 de decembro de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.