A A.E.F. organiza a xornada “O Líder do século XXI”
A Asociación de Empresarios Ferrolterra e New Thinking Company, organizan a xornada “O Líder do século XXI”. O obxectivo fundamental desta xornada de adestramento é lograr unha comprensión do sentido do auténtico liderado e do imprescindible que resulta no mundo empresarial de hoxe. Que é o liderado e que non o é? Diferenza entre xerente e líder. Calidades do líder coach. As 5 mentalidades do líder do século XXI. Motivación e liderado.
Os participantes coñecerán de primeira man, a través dunha metodoloxía participativa e dinámica, as posibilidades do coaching empresarial como ferramenta ao servizo do desenvolvemento dos profesionais e organizacións.
Os obxectivos da xornada son: Adquirir novas habilidades; Incrementar a capacidade de liderado, principalmente para guiarse a si mesmo, como premisa para tomar decisións e lograr resultados satisfactorios na súa vida persoal e profesional; Aliñar a Visión e os Valores da Organización con todas as persoas que a integran; Actuar con Asertividade; Desenvolver maior adaptabilidade ao cambio e Aprender a identificar mellor as necesidades de desenvolvemento da empresa e actuar en consecuencia.
A xornada, gratuíta, celebrarase o 10 de decembro a partir das 17:00 horas, na sede da Asociación de Empresarios Ferrolterra.
A relatora será Marta Salazar. CEO. Coach Empresarial, Executivo e de Figuras Públicas, especializada en Comunicación, Liderado e Coaching para as Relacións Interpersoais. Para asistir é necesaria inscrición previa no 981 333 305, máis información na web da AEF: www.empresarios-ferrolterra.org











