Xosé Antonio Touriñán presenta o monólogo “Manolo Lojo” no Teatro Municipal de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTui
A-
A+

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres o monólogo “Manolo Lojo” da man de Xosé Antonio Touriñán. Será a partir das 21.30h nun espectáculo de 70 minutos de duración dirixido a todos os públicos.

Xosé Antonio Touriñán, coñecido e televisivo humorista, convértese en “Manolo Lojo” nun monólogo que provocará sorrisos e risas entre o público. A súa interpretación de Mucha, un dos personaxes da Cantareiras de Ardebullo da TVG fíxoo, saltar á fama. Ten participado en diversos programas de televisión, series e filmes.

As entradas para este espectáculo están á venda en www.culturatui.info ata mañá venres ás 13h, ou poderanse mercar mañá dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 7€ e 5€.

20 de novembro de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.