Xornada sobre “a retribución de socios e administradores de sociedades mercantís” en Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A raíz de diferentes Sentenzas do Tribunal Supremo e ditames da Axencia Tributaria, creceu a inseguridade en canto ao posible tratamento que a retribución dos administradores e os socios de sociedades mercantís poida ter.
Na Xornada tratarase esta cuestión dende varias perspectivas:

– Dende o prisma dos Tribunais de Xustiza.
– Dende a perspectiva da Administración Tributaria.
– Solucións prácticas ao conflito.

Relatores:

– Jesús Vázquez Forno. Profesor Doutor e Director da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña. Avogado

– Luis Bermúdez Rioboo, Profesor na Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña. Graduado Social.

Lugar: Forum de Carballo

Data: 27-11-2014

Hora: 20:30

17 de novembro de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.