publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xornada de fomento do autoemprego en Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoCenlleToén
A-
A+

Castrelo de Miño acolle unha xornada de fomento do autoemprego no rural o xoves 27 de novembro a partires das 09:00 horas. O acto está organizado polo Programa Integrado para o Emprego “Ribeiro do Miño” (Concellos de Castrelo de Miño, Toén e Cenlle)

A xornada vai constar de 2 partes:
– Na primeira delas (das que achegamos información en documentos anexos), distintos emprendedores darán a coñecer a súa experiencia de autoemprego no rural aos alunos participantes no programa integrado de emprego

- A partires das 12:00 horas procederáse á clausura da xornada e os alcaldes de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén, farán entrega a todos os alunos dos diplomas de todos os cursos e actividades formativas que levan realizados desde o inicio do Programa Integrado de Emprego hai 3 meses. Entre outros:

– Curso de Peón Forestal
– Aplicador de Productos Fitosanitarios
– Curso de Prevención de Riscos Laborais
– Curso de Manexo de Carretillas Elevadoras
– Curso de Habilidades Sociais
– Curso de Novas Tecnoloxías
– Curso de Búsqueda Activa de Emprego

26 de novembro de 2014 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.