Xavier Alcalá ofrecerá en Fene unha charla sobre ciencia versus literatura
O escritor Xavier Alcalá ofrecerá este mércores, 19 de novembro, unha charla en Fene baixo o título “Ciencia versus literatura”. A conferencia terá por escenario o CPI A Xunqueira e o seus estudantes como destinatarios. Incluída no programa “Fene, coa ciencia en galego”, principiará ás 11 horas. Enxeñeiro de Telecomunicacións de formación, Xavier Alcalá é un dos máis prestixiosos escritores contemporáneos en lingua galega.
Trala conferencia de Xavier Alcalá, o programa “Fene, coa ciencia en galego” continuará co teatro como protagonista. Así, representaráse a obra “Náufrag@s” no CEIP O Ramo de Barallobre (o día 28 ás 12,10 horas); no CEIP Os Casais de Maniños (o 1 de decembro ás 12 horas), e no CEIP de Centieiras (o 9 de decembro ás 10 horas).
“Fene, coa ciencia en galego” é unha iniciativa dos Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística e a dirección do IES de Fene á que se sumaron os centros de ensino na que colabora activamente o Concello a través da Concellería de Cultura.











