Xa hai máis de 80 equipos inscritos no Torneo de Futsal de Base Cidade de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Gran ritmo nas inscricións para o 13º Torneo de Futsal de Base Cidade de Lugo. A falta de 45 días para o comezo do torneo xa hai máis de 80 equipos inscritos entre a primeira fase e a fase final deste, o que supón un grande aliciente para seguir traballando na organización do que xa se considera un referente dentro dos torneos de base en España. O torneo mobilizará de novo máis de 1600 xogadores/as procedentes de diversos cantos da nosa xeografía para vivir unha gran festa do fútbol sala de base na cidade de Lugo, co correspondente impacto para a cidade amurallada.

Aínda quedan prazas libres en todas as categorías correspondentes á primeira fase que terá lugar os días 26, 27 e 28 de Decembro 2014 e a cal é exclusiva para os equipos procedentes da comunidade galega. Os campións desta primeira fase terán acceso a participar na gran fase final do torneo os días 2, 3 e 4 de Xaneiro 2015.

 

11 de novembro de 2014 | 23:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.