Xa hai 115 equipos inscritos no Torneo de Futsal Cidade de Lugo
O Torneo de Futsal de base Cidade de Lugo empeza a completar o seu cartel e xa son 115 equipos os inscritos para esta nova edición do que vén sendo unha gran festa de fútbol sala de base que mobilizará na cidade de Lugo a máis de 1600 xogadores procedentes de todos os cantos de Galicia e diferentes rexións de España confirmando un ano máis a presenza de equipos dende Madrid, Castela A Mancha, Castela León, Murcia, Valencia ou Cataluña, etc. Quedan xa moi poucas prazas por completar o cartel que se ampliará un ano máis ata a cifra de 130 equipos participantes.
A primeira fase do torneo terá lugar na súa primeira fase autonómica os días 26, 27 e 28 de Decembro de 2014 e a fase final deste o 2, 3 e 4 de Xaneiro de 2015 e que acollerá equipos mixtos das categorías benxamíns, alevíns e infantís; cadete masculino, cadete feminino e xuvenil.











