Votación de carteis ‘Entroido 2015’ en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Desde hoxe, e ata o 10 de decembro, estarán expostos na Sala de Exposicións de Verín (rúa Irmáns La Salle), os carteis participantes no concurso do ‘Entroido 2015’ para a súa votación entre os/as veciños/as de Verín, previa presentación do DNI.

Durante estas xornadas, os/as veciños/as poderán votar, previa presentación do DNI, o deseño que máis lles guste -outorgándolles tres, dous e un punto a tres dos carteis participantes-, o que máis votos obteña será o cartel que represente o voto popular. Este voto popular súmase aos restantes outorgados polos outros membros do Xurado Cualificador, que estará conformado por: un representante de cada partido político da corporación municipal (un total de tres), un representante do mundo do cigarrón, dous artistas locais ou profesores de pintura, un representante da carroza galardoada en 2014, un representante da comparsa galardoada 2014. O voto popular, ademais de reflectir o resultado do proceso electivo no que participan os/as cidadáns/nas, será o que resolva un posible empate en caso de producirse. O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 400 euros.

O horario da Sala de Exposicións será de luns a sábado de 10 a 14 e de 17 a 19.30 horas (o teléfono é 988- 411614 e o correo electrónico turismo@verin.net).

24 de novembro de 2014 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.