Voluntarios de Protección Civil de Santiago fórmanse na condución de vehículos en servizo urxente
Nove voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Santiago comezaron as clases teóricas nunha autoescola compostelá para poder obter o carné BTP. Esta permiso facultaraos para conducir vehículos prioritarios en servicio urxente (ambulancias e vehículos de Policía, Protección Civil e Bombeiros), taxis, vehículos destinados a transporte escolar cando leven escolares, e vehículos destinados a transporte público de viaxeiros que non superen os 3.500 quilos de masa máxima autorizada e con nove asentos como máximo, incluído o condutor. Estes nove voluntarios teñen mais dun ano de antigüidade no permiso da clase B, e só precisan facer un exame teórico para obter o novo permiso. O exame está previsto para o 4 de decembro.
Estas clases son subvencionadas polo Concello grazas a unha partida orzamentaria de formación para os voluntarios, como contrapartida a todos os operativos que desempeñan ao longo do ano.











