Vitoria triste de Os Ingleses nun día marcado pola traxedia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

O falecemento de José Manuel Gandara “Croque” ex xogador de CDU, Mareantes e Vigo e na actualidade arbitro da federación Galega de Rugby conmociona ao rugby galego. O coñecido arbitro regresaba ao seu domicilio despois de arbitrar un partido sub 18 en Lalín cando un tráxico accidente de tráfico se cruzou no seu camiño aos 42 anos. Os xogadores de Os Ingleses decatábanse da triste noticia cando regresaban de xogar contra Mareantes e quedaron sen palabras, sobre todo os máis veteranos que compartiron con Croque cantidade de bos momentos, partidos e terceiros tempos. Desde Os Ingleses non nos queda máis que mandar un forte abrazo á súa familia e amigos.

D.E.P. Croque.

Partido complicado de Os Ingleses na súa visita a Pontevedra, á dificultade do rival uníase unha longa lista de baixas e ausencias importantes na súa dianteira como as Uru, Tiago, Hache ou Diego o que obrigo a Losada a recompor o equipo en Dianteira.

Como se prevía o partido foi moi intenso e comezou con dominio inglés que despois dunha boa xogada dos seus tres cuartos lograba o primeiro ensaio do partido no minuto 18 por medio de Mikel e Suso transformaba os dous puntos adicionais min 18 (0-7).

O propio Suso encargar de ampliar a distancia cun Golpe de Castigo no min 25 (0-10) pero Marantes non se rendeu e reaccionou pasando a dominar o encontro que a partir deste momento xogouse sobre todo en campo inglés, dominio que en boa medida veu dado por unha gran cantidade de erros non forzados de Os Ingleses que parecían empeñados en outorgar a posesión do oval aos locais. Pero todos os erros que se cometían en ataque liquidábanos Os Ingleses cunha gran defensa contra a que Mareantes se estrelou unha e outra vez.

Xa na segunda parte o panorama non cambiou e os erros sucedíanse en Os Ingleses que estaban nerviosos en ataque e non lograban saír do seu campo.

Nunha das poucas incursións en terreo Pontevedres Suso transformaría un Golpe de Castigo que deixaría tocados a uns locais que vían como non podian superar a férrea defensa Inglesa e o partido íaselles min. 59 (0-13)

Así co paso dos minutos Os Ingleses foi recobrando o dominio e sentenciaría o partido a falta de 5 minutos cun ensaio de Biris despois dun gran traballo da súa dianteira á saída dunha touch. (0-18)

Co partido sentenciado Os Ingleses lanzouse á heroica para tentar conseguir o punto bonus ofensivo (4 ensaios) pero apenas quedaba tempo.

4 puntos importantes que afianzan a Os Ingleses en segunda posición da liga regular, invicto a só un punto do líder Ferrol e cunha vantaxe considerable con respecto ao terceiro clasificado.

Losada mostrábase satisfeito polo resultado: “ Non conseguimos o bonus ofensivo pero o non encaixar puntos é moi importante de cara aos próximos partidos. Non tivemos o noso día en ataque, non saía nada, pero soubemos sufrir en defensa.”

O vindeiro sábado Os Ingleses recibe en Fontecarmoa a Blusens Universidade de Vigo B que a pesar de non conseguir ningunha vitoria ata o momento será un óso duro de roer ao non ter competición o seu primeiro equipo e poder reforzarse con xogadores do primeiro persoal.

Aliñación: 1. Morris 2. Lema 3. Sito 4. Loso 5. Marcos 6. Birbi (JJ) 7. Dorro 8. Biris 9. Jairo 10. Cachopo (Sisas) 11. Mikel (Inda) 12. Pintos 13. Miguel 14. Suso 15. Chester

Pola súa banda os sub 16 resarcíronse da derrota da semana pasada e conseguiron o triunfo ao vencer nun partido heroico ao Ferrol. O día non se presentaba moi optimista porque as circunstancias fixeron que só 11 xogadores se desprazasen a Ferrol, o mínimo para poder comezar o partido, pero lonxe de amedrentarse os xabatos ingleses medraron e comezaron o partido intercambiando ensaios cos ferroláns, pero aos poucos o talento, a experiencia e a forma física dos ingleses saíu a relucir e a pesar de ser inferiores en número comezaron a dominar claramente o encontro e conseguían desbordar en cada xogada a un Ferrol que afronta a súa primeira tempada con equipo sub 16. Ao final do partido o marcador reflectía un 24-72 e os mozos ingleses recibiron felicitacións dos equipos senior do PRC e Ferrol que se enfrontaban á finalización do seu encontro.

16 de novembro de 2014 | 20:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.