Vinte mozos inician a formación teórica-práctica en Vilagarcía para acadar a certificación de monitor de tempo libre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A concellería de Xuventude, Sandra García, desprazouse esta mañá ao Auditorio para manter un breve encontro cos 20 alumnos que participan dende hoxe no curso teórico práctico de Monitor de Tempo Libre organizado polo departamento municipal. Con esta iniciativa formativa, Xuventude pretende mellorar as posibilidades de empregabilidade e de acceso ao mercado laboral dos asistentes. García Roma animou aos alumnos a sacar proveito ao curso no que tamén poderán obter o carné de manipulador de alimentos que se require para acceder a determinados postos de traballo.

O curso teórico práctico de Monitor de Tempo Libre consistente na impartición de 200 horas lectivas máis 150 horas de prácticas a realizar unha ver rematada a formación. A actividade permitirá aos asistentes que cumpran as cotas de asistencia e superen a avaliación final, obter a acreditación para poder desempeñar traballos de monitor e tempo libre e inclúe o carné de manipulador de alimentos. A formación capacitará aos alumnos a dirixir e impartir actividades de Ocio e Tempo Libre de tipo socio cultural, deportivas, ao aire libre e en contornas urbanos e de natureza.

A acción formativa desenvólvese no Auditorio de luns a venres dende hoxe e ata o 30 de decembro en horario de 9 a 14 e de 16 a 21 horas. As persoas que superen a avaliación final terán que completar a formación realizando un mínimo de 150 horas de prácticas a desenvolver nos 24 meses posteriores. Estas organizaranse a través dun mínimo de 14 días de actividade intensiva a realizar en campamentos, colonias, albergues, campos de traballo ou outras actividades, de duración non inferior a 3 días. Tamén se poderán completar as prácticas desempeñando 150 horas de actividade periódica nunha entidade ou asociación que traballe no eido do tempo libre.

28 de novembro de 2014 | 11:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.