Vilagarcía incorpora en distintos servizos aos 20 beneficiarios da Risga contratados durante sete meses
Un total de 65 aspirantes convocados polo servizo Público de Emprego realizaron onte a entrevista para a contratación de 20 desempregados beneficiarios da RISGA. Unha comisión mixta composta por Unha Comisión Mixta composta por técnicos da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta e do Concello avaliaron aos candidatos e resolveron a selección dos traballadores que a vindeira semana se incorporarán a diferentes servizos municipais.
Os 20 contratos repártense en un auxiliar de Biblioteca, 4 auxiliares administrativos, 3 axudantes Técnicos de Protección Civil, 4 peóns de construción de edificios, 4 axudantes mantedores de edificios e 4 operarios de conservación de parques urbanos e xardíns. Todos eles comezarán a traballar o vindeiro xoves, unha vez presentada a documentación pertinente e firmados os preceptivos contratos.
Eta medida de fomento do emprego baséase na orde da Consellería de Traballo e Benestar do 30 de maio que tiña destinatarias ás persoas desempregadas, preceptoras da RISGA e que se atopasen en situación ou risco de exclusión social. Os contratos terán sete meses de duración
As contratación terán un período de 7 meses e serán de xornada a tempo parcial de 28 horas e 12 minutos semanais. Segundo constaba nas bases da convocatoria, os traballadores deberán realizar traballos e servizos de interese xeral ou social na administración local. Este programa de inserción finánciase con fondos autonómicos e municipais.











