Viaxe de coñecemento a Cambados e Noia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Patrimonio Histórico organiza unha nova viaxe de coñecemento, na que poden participar representantes de asociacións veciñais e culturais, de centros educativos e, en xeral, persoas interesadas no coñecemento e divulgación do patrimonio cultural.

Nesta viaxe, que terá lugar o sábado 29 de novembro, visitaranse as vilas de Cambados e Noia. Dentro do programa de difusión do patrimonio funerario, faranse visitas guiadas aos cemiterios de Santa Mariña (Cambados) e Santa María a Nova (Noia). Ademais, visitaranse outros lugares de interese das dúas vilas.

Saída desde a parada de bus de san Roque ás 9 h

Prezo 30 euros por persoa (inclúe xantar e bus)

Incrición no concello (Michelena, 30-3º) ou no correo electrónico patrimoniocultural@pontevedra.eu

24 de novembro de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.